Saturday 18 de May de 2024

Ordes terá a súa II Feira de Oportunidades os días 4, 5 e 6 de marzo


A inscrición abrirase o vindeiro luns. Téxtil, calzado, bixutería etc poderase adquirir nos trece postos situados no primeiro andar da Praza de Abastos

O Concello de Ordes celebrará os vindeiros 4, 5 e 6 de marzo a II Feira de Oportunidades. Un total de 13 postos poranse á disposición dos comerciantes con establecemento aberto no municipio, que durante esa fin de semana converterán o primeiro andar da Praza de Abastos no maior centro comercial da vila cuns prezos incomparables. Os ditos espazos concederanse por rigorosa orde de inscrición no rexistro xeral municipal, cuxo prazo abrirase dende o vindeiro luns, día 8, ata o 29 de febreiro.

Téxtil, calzado, bixutería, marroquinería e cerámica son os principais produtos sobre os que se basea esta cita comercial.